Didáctica
Programas coa comunidade do ensino formal, desde a escola até a universidade.
Propostas para a aprendizaxe continua, o debate e o desexo de saber de públicos con intereses diversos explorando diferentes fórmulas de produción e transmisión do coñecemento
Título bloque 1
Escola
A visita presencial, ben sexa con modalidade libre, autónoma ou ben contando con persoal do DEAC, ten que concertarse previamente, con suficiente antelación.
Podedes solicitala premendo neste formulario.
Para dúbidas e consultas, facilitamos este enderezo: servizosdeac@museodopobo.gal ou o teléfono 981 583 620
O horario para realizar actividades escolares coa intervención do persoal do DEAC é de 11:00 a 14:00, de martes a venres.
Noutro horario podedes visitarnos con actividades autónomas ou por libre.
Programa escolar curso 2026/27
|
No ano 2027 o Museo do Pobo Galego cumpre 50 anos, unha data moi significativa que queremos celebrar coa comunidade educativa. Por iso, a partir de xaneiro desenvolveremos actividades para todos os ciclos arredor dunha pregunta fundamental: como se constrúe un museo? A través de narración oral, xincanas, visitas dialogadas, obradoiros didácticos e outras propostas participativas, convidámosvos a descubrir como se decide que pezas forman parte dunha colección, que historias contan as pezas que habitan un museo e como podemos imaxinar, entre todas e todos, o Museo do Pobo do futuro. Será unha oportunidade única para coñecer o Museo desde dentro e participar activamente na construción dun Museo por facer. Ademais, para os centros socios, que nos apoiades máis alá das visitas e sodes parte fundamental da asociación que sostén o Museo, preparamos actividades para recuperar a historia de relación entre ambos e para que nos axudedes a pensar o Museo do futuro. |
Podedes consultar aquí os PROGRAMAS de visitas e actividades pensadas para celebrar o 50 aniversario (segundo e terceiro trimestre):
Para Centros Socios:
- Programa escolar 50 aniversario: Infantil e Educación Primaria.
- Programa escolar 50 aniversario: Educación Secundaria e Bacharelato
No primeiro trimestre podedes visitarnos con sesións de narración oral a cargo de Raquel Queizás, obradoiros e visitas didácticas e xogos de descuberta. Chamádenos ou escribídenos para saber máis.
Para as visitas dos Ciclos Formativos ou Universidade podedes pórvos en contacto con nós en servizosdeac@museodopobo.gal para concretar e adecuar as vosas necesidades.
Como todos os anos, poderedes visitarnos coas actividades autónomas, por libre ou propornos proxectos de colaboración para facer do Museo un lugar accesible e inmersivo para a comunidade escolar.
Reservade desde este formulario.
Alén da exposición permanente, neste curso teremos dúas exposicións temporais que poden ser do voso interese:
• Transfronteiriza, en colaboración coa asociación cultural Raia Creativa e comisariada pola comunicadora, investigadora e creadora multidisciplinar Diana Gonçalves. Unha proposta arredor das relacións humanas, culturais e sociais que atravesan as fronteiras políticas, tomando como referencia o territorio marcado polo río Miño.
• O corpo errante. Exilio español 1939–1975, en colaboración coa UNED e comisariada polos profesores e antropólogos Jorge Moreno e Julián López, reconstrúe a experiencia do exilio republicano español a través de diferentes relatos, documentos e materiais expositivos.
As visitas autónomas son aquelas que non contan coa intervención directa do DEAC mais na que podedes coñecer os nosos contidos a través de materiais lúdicos tipo "xogo de pistas".
Documento explicativo sobre as actividades autónomas que vos ofrecemos:
A continuación tedes todos os materiais necesarios:
- INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA
Coscobellos ao cesto. Instrucións + Xogo
- PRIMARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 2º e 3º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 4º e 5º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 6º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
- SECUNDARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 1º e 2º da ESO __ Pistas Itinerario I e II + Solucións
Quebracabezas temático.
Para 3º e 4º ESO. Instrucións e solucións + folla de ruta coas pistas
A fórmula Andrade.
Percorrido matemático polo Museo do Pobo Galego. Para o ciclo da ESO.
Instrucións e solucións + Xogo
Remuíño de pistas.
Xogo de pistas en diferentes idiomas pensado especialmente para centros en intercambio.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal
Xogo de descuberta para Bacharelato.
Instrucións + solucións
Folla de ruta Grupo 1
Folla de ruta Grupo 2
Folla de ruta Grupo 3
Para reforzar a orientación no Museo durante as visitas autónomas podedes traer impreso este Plano do Museo
Guía de Contidos. Roteiros polo Museo
Roteiro 1.pdf roteiro 2.pdf roteiro 3.pdf roteiro 4.pdf roteiro 5.pdf roteiro 6.pdf
O Ciclo Festivo
Recursos didácticos
Para traballar co ciclo festivo nos diferentes cursos de Infantil e primeiro de Primaria.
Caderniños didácticos
Canteiría
Embarcacións tradicionais
Música
O Entroido
Olaría
O pan
Os muíños
Os xogos
O tecido
O traxe
O viño
Antonio Fraguas Fraguas
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"
Título bloque 2
Outros colectivos
Contacta con servizosdeac@museodopobo.gal para marcar a túa visita ao Museo en grupo.
Non hai contido que amosar para esta sección.
Unha proposta para reflexionar sobre o proceso que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. A voltas co baile quere facilitar un espazo para o estudo deste elemento tan vivo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.
Este 2026 celebraremos a 14ª edición, co título Máscaras que Bailan nos rituais do tempo cíclico.
Nesta ocasión, enmarcamos a xornada dentro da exposición temporal Mask: Alas e Vento que amosa máscaras de diferentes lugares de Europa, centrándose nas da Península Ibérica, que acompañan momentos de transición do ciclo anual, principalmente o do inverno. Nestes eventos rituais, moitas delas executan bailes ou danzas de moi diferentes índoles. Así, dicimos que unha máscara está bailada cando participou do rito para o que se creou e se transmitiu de xeración en xeración.
No sábado 11 de abril, en horario de mañá, poderemos afondar máis nas diferentes manifestacións dancísticas que se dan arredor das máscaras galegas que saen desde o solsticio de inverno até Entroido, facendo a comparativa dos seus comportamentos co de outras mascaradas europeas. Tamén viaxaremos até as Illas Canarias, cuxas tradicións de inverno vense eclipsadas polos desfiles de carnaval de Tenerife, podendo coñecer manifestacións ancestrais que teñen na danza un elemento protagonista do rito. Para isto contaremos co antropólogo Rafael Quintía Pereira e o historiador José Policarpo Martín Cruz.
A inscrición é de balde e pode realizarse enviando un correo a servizosdeac@museodopobo.gal