Presentación: "O violín que trae o vento", de Adrián Méndez

Submitted by xestor on Lun, 06/04/2026 - 13:35
07
Apr
2026
Presentación: "O violín que trae o vento", de Adrián Méndez
Imaxe
O violín que trae o vento

O martes, 7 de abril, ás 19 horas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro-disco O violín que trae o vento, coordinado por Adrián Méndez.

Modesta Fernández López, a Cega de Noceda, foi moito máis que unha violinista: foi unha voz inesquecible da música tradicional, unha artista capaz de transmitir emocións a través das cordas do seu violín. A súa maneira de tocar deixou unha fonda pegada na memoria colectiva.
 
Neste libro, Adrián Méndez, Xulia Feijóo e Begoña Riobó recuperan a súa vida e o seu legado musical a través da memoria de quen compartiu momentos con ela. A publicación vén acompañada de gravacións musicais que reinterpretan ese legado, traendo ao presente o son dunha violinista que nunca debeu ser esquecida, coa música de Caamaño&Ameixeiras, Caldo ou Abril, entre outras.
 
Na presentación, Adrián Méndez e Gutier Álvarez falarán do proceso de recuperación da memoria de Modesta Fernández, así como do proceso de elaboración do libro-disco.