Charangas, comparsas, folións, chocas, bombos.... nesta ocasión imos falar deles, dos sons característicos do noso Entroido.
As máscaras teñen unha especial relevancia nos nosos Entroidos, pero a diversidade sonora desta festa en Galicia é parte fundamental da súa esencia.
Pablo Carpintero e Alba Domínguez Serén, vannos acompañar para falarnos deste tema desde a súa experiencia profesional, a do investigador e estudoso do folclore e a da sonidista da curta "Os Corpos" , un documento audiovisual profundamente sensorial sobre os entroidos de Laza, Viana ou Maceda.
Será o xoves 24/2 ás 19h30 no auditorio do Museo.