Máscaras tradicionais: Os sons de Entroido

Submitted by xestor on Mér, 23/02/2022 - 12:06
24
Feb
2022
Tipo evento
Evento
Máscaras tradicionais: Os sons de Entroido
Imaxe
Cartel do evento Máscaras Tradicionais: Os sons de Entroido. Fotograma da curtametraxe de Eloy Dominguez "Os Corpos".

Charangas, comparsas, folións, chocas, bombos.... nesta ocasión imos falar deles, dos sons característicos do noso Entroido.

As máscaras teñen unha especial relevancia nos nosos Entroidos, pero a diversidade sonora desta festa en Galicia é parte fundamental da súa esencia.

Pablo Carpintero e Alba Domínguez Serén, vannos acompañar para falarnos deste tema desde a súa experiencia profesional, a do investigador e estudoso do folclore e a da sonidista da curta "Os Corpos" , un documento audiovisual profundamente sensorial sobre os entroidos de Laza, Viana ou Maceda.

Será o xoves 24/2 ás 19h30 no auditorio do Museo.