VISITA GUIADA ÁS ESCULTURAS DO MESTRE MATEO
O pasado 25 de marzo organizamos unha visita guiada á exposición temporal da restitución das esculturas do Mestre Mateo da man de Francisco Prado Vilar, profesor de Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Despois da visita impartiu unha interesante conferencia na contigua sala de actividades sobre a historia das esculturas.