ROTEIRO POR TERRAS DE FERROL

Tipo nova
Socias e socios
ROTEIRO POR TERRAS DE FERROL
Imaxe
""

O pasado 30 de maio, a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organizou un roteiro por terras de Ferrol.

 

Comezamos visitando o Museo da Construción Naval, onde nos fixeron unha visita guiada en galego.

 

Despois iniciamos o itinerario Carvalho Calero, dende o Teatro Jofre ata a Praza de Ferrol Vello, con paradas explicativas en lugares significativos na vida do escritor e nalgúns monumentos de interese (casas de Ucha, Pazo da Capitanía Xeral e xardíns, panorámica do arsenal, San Francisco). Paramos diante das ruínas da casa natal de Carvalho, recitando un poema do autor e executando un seu poema musicado.

 

 

Despois de xantar saímos cara Monteventoso, subindo andando até o seu cumio dende onde desfrutamos dunha bela panorámica do Golfo Ártabro. Visitamos tamén o Castelo de San Felipe.

 

 

Para rematar, voltamos a Ferrol e visitamos a Casa do Patín e Fonte Longa, no barrio de Esteiro.

 

Acompañounos na xeira e facendo de guía e relator o Prof. Dr. Francisco Rodríguez.