Revista ADRA nº 19

Revista ADRA nº 19
Imaxe
Revista ADRA nº19

Xa está dispoñible para a súa descarga en formato dixital a revista ADRA do Museo do Pobo Galego. ADRA é unha publicación anual que naceu para ser un vieiro de comunicación entre as persoas asociadas, unha achega á consolidación do Museo do Pobo Galego como referente cultural para toda a cidadanía galega. A partir deste ano, ADRA deixa de ser a revista das nosas socias e socios para se converter na revista do Museo do Pobo Galego.

O número 19 da revista ADRA ofrece un monográfico arredor das feiras, feiróns e mercados espallados pola paisaxe galega, vertebrando o mundo rural. De Ponteareas a Betanzos e da comarca de Lugo á de Bergantiños, a revista aborda as múltiples facetas das feiras –o espazo arquitectónico, a arte, os estudos de xénero, a economía– a través da investigación, análise e experiencia das súas colaboradoras e colaboradores.

Accede a través da seguinte ligazón.