Pasamento do patrón Manuel Caamaño Suárez

Pasamento do patrón Manuel Caamaño Suárez
Imaxe
Manuel Caamaño

O Museo do Pobo Galego lamenta fondamente o falecemento de Manuel Caamaño Suárez, patrón fundador da nosa institución, insignia de ouro e  membro da primeira xunta reitora.

A súa entrega, compromiso e amor pola cultura deixan unha pegada imborrable na historia desta casa.

Nado en Noia en 1936 e finado aos 90 anos, foi aparellador, escritor e unha figura destacada do galeguismo cultural. Formado na Escola Politécnica de Barcelona, desenvolveu unha ampla traxectoria profesional e docente como profesor na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.

Autor de numerosos estudos e publicacións, centrou boa parte do seu traballo na investigación e divulgación da arquitectura popular e do patrimonio etnográfico de Galicia, converténdose nun referente neste ámbito.

Transmitimos o noso máis sentido pésame á súa familia e persoas achegadas.