OBRADOIRO "FAI A TÚA PANDEIRETA"
O pasado sábado 25 de outubro levamos a cabo nas dependencias do Museo o obradoiro “Fai a túa pandeireta” en colaboración co artesán de pandeiretas Sanín (www.sanin.gal).
Durante a actividade, que durou 4 horas, as persoas que se inscribiron puideron coñecer o proceso de fabricación dunha pandeireta e realizar o seu propio instrumento, levándoo con elas ao remate da mesma.