O Museo do Pobo Galego recibe o premio Son d'Aldea 2025

O Museo do Pobo Galego recibe o premio Son d'Aldea 2025
Imaxe
Cartel Son d'Aldea

Asociación Cultural Son d’Aldea concedeu ao Museo do Pobo Galego o seu premio na edición deste ano. Trátase do segundo galardón concedido ao Museo do Pobo este ano, logo de termos recibido o “Pedra do Destino”, outorgado pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.

O xurado do Son d’Aldea destacou a figura do Museo do Pobo Galego como "un faro na memoria colectiva galega" sendo un referente no estudo, coidado e exhibión da vida tradicional galega durante décadas, ademais da súa vinculación profunda co eido rural –os oficios, as ferramentas, as tradicións, a música, a lingua...–, o seu labor divulgativo, educativo e científico, o seu compromiso coa cultura galega dende a base e o recoñecemento dunha loita pola recuperación da alma do rural común e compartida con Son d'aldea.

Este Premio Son d’aldea está dotado cunha figura conmemorativa e co agasallo de dúas entradas para a XIV edición de Son d’aldea, que se celebrará a fin de semana do 5 e 6 de setembro de 2025. A entrega oficial terá lugar o sábado, 6 de setembro, no marco do Festival. 

O programa ao completo de actividades do Son d’Aldea pode consultarse na súa web