Xornada virtual: "APOI: dixitalizando o noso patrimonio inmaterial"

Submitted by xestor on Mér, 21/05/2025 - 12:25
28
May
2025
Xornada virtual: "APOI: dixitalizando o noso patrimonio inmaterial"
Imaxe
Encontro virtual

PuntoGal, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e o Museo do Pobo Galego organizan o mércores, 28 de maio, ás 11 horas, un encontro virtual arredor do patrimonio inmaterial galego, con motivo da homenaxe das Letras Galegas á poesía popular oral e ás cantareiras e do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. 

Nel participarán a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e responsable do APOI, Concha Losada; a técnica do APOI, Isabel Vigo; o vicepresidente de PuntoGal, Camilo Regueiro; e o decano/presidente do Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo. 

Para participar na conversa é imprescindible inscribirse cubrindo este formulario.