Son[Em]peza, itinerario sonoro polas salas do Museo

Submitted by xestor on Mar, 02/11/2021 - 11:03
02
Nov
2021
Son[Em]peza, itinerario sonoro polas salas do Museo
Imaxe
son empeza itinerario sonoro polas salas do museo

Despois do seu paso polo Soa Bonaval 2021, Son[Em]peza continúa como actividade do DEAC ata finais de ano.

Poderedes facer as visitas de xeito autónomo polas salas do Museo. A través de pezas sonoras pertencentes aos nosos arquivos, poderedes ir camiñando entre os obxectos da colección escoitando pezas do patrimonio inmaterial: refráns, cantigas, contos, rituais, melodías ou sons asociados a ditos obxectos.

Para realizar esta visita autónoma precisades:
- Un teléfono móbil con datos e lector de QR, pois a través destes códigos accederedes a información sobre a peza material e a peza sonora.
- Uns cascos para escoitar.
- Adquirir a vosa entrada na Recepción. Consultar prezos aquí.