Proxección do documental "Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes"

Submitted by xestor on Ven, 08/11/2024 - 13:03
16
Nov
2024
Proxección do documental "Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes"
Imaxe
Segadores da Órrea

O sábado, 16 de novembro, ás 11:30 horas, o auditorio do Museo acollerá a proxección deste documental de contido antropolóxico, sociocultural e histórico elaborado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Órrea do concello lugués de Riotorto. Unha peza audiovisual que recolle o testemuño dunha trintena de homes e mulleres que viviron en primeira persoa a experiencia das segas en Castela.

O documental foi dirixido pola xornalista Vanesa Gómez e a deseñadora e fotógrafa Laura Alonso, co financiamento da Área de Cultura, Patrimonio Histórico-Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo.

Ao remate da proxección, presentada pola presidenta do Padroado do Museo, Concha Losada Vázquez, haberá un faladoiro moderado polo antropólogo Xosé Manuel González Reboredo.