Programación do festival Atlántica no Museo

Submitted by xestor on Ven, 23/06/2023 - 14:40
06
Jul
2023
Programación do festival Atlántica no Museo
Imaxe
Atlántida no Museo

O Museo do Pobo Galego será unha das sedes que acollerán a programación da undécima edición de Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral. 

O xoves 6 de xullo teremos sesión dobre, da man de Rosa Gonçalves, unha narradora portuguesa de orixe galega:

- Ao toque da palabra, para público familiar (+3 anos), ás 18:30 horas (60 min. de duración). Narración oral de contos tradicionais ao toque do adufe e cun pé no cancioneiro popular.

- Rodela de cantos e contos (+5 anos), ás 20:30 horas (60 min. de duración). Chegados dos catro ventos, estes cantos e contos fan voar as cabezas ao mundo das memorias e da imaxinación.

A entrada é de balde e toda a información pode consultarse na web do festival: https://festivalatlantica.gal/
 

Descarga