Presentación literaria: "Historias de Muíños e Muiñeiros/as na cerna de Galicia", de Mª Montserrat Varela Vázquez

Submitted by xestor on Mar, 05/05/2026 - 13:08
12
May
2026
Presentación literaria: "Historias de Muíños e Muiñeiros/as na cerna de Galicia", de Mª Montserrat Varela Vázquez
Imaxe
"Historias de Muíños e Muiñeiros/as na cerna de Galicia", de Mª Montserrat Varela Vázquez

O martes, 12 de maio, ás 19 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación do libro Historias de Muíños e Muiñeiros/as na cerna de Galicia, de Mª Montserrat Varela Vázquez. Unha obra editada coa colaboración do Museo do Pobo Galego, mención especial no Premio Vicente Risco 2025.

Un ensaio que trata do patrimonio etnográfico material dos muíños, pero fundamentalmente do inmaterial: costumes, tradicións, prácticas dos oficios, folclore e tamén o transcurso do tempo, os cambios sociais e as persoas que traballaban e acudían aos muíños en distintos concellos do interior de Galicia. Mª Montserrat Varela Vázquez constrúe esta obra a través das palabras de case corenta informantes e as súas historias de vida, complementadas con cantigas, poesías e contos arredor dos muíños.