O martes, 27 de maio, ás 19:00 horas, preséntase no Auditorio do Museo do Pobo Galego o libro As vellas de Mens. Unha obra na que o autor, Xosé Manuel Fernández Pensado, achega un relato de primeira man das "vellas de Mens" desde a perspectiva de quen as viu aparecer pola Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña en 1972 e de quen conviviu artisticamente con elas durante dúas décadas.
Acompañando ao autor, estarán Valentín García Gómez, secretario Xeral da Lingua; Xosé Manuel Varela Varela, docente; Felipe Senén López Gómez, arqueólogo e escritor; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.