O Museo acolle a presentación desta publicación do Consorcio de Santiago que afonda en quen foron os que apoiaron o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela e por que o fixeron. E ti, por que queres falar diso defínese como un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tempo difícil e incómodo dun xeito extraordinariamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida.
Ao acto de presentación está prevista a asistencia da alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, o xerente do Consorcio, José Antonio Domínguez Varela, a autora, Paz Leirós, a presidenta do Padroado do Museo, Concepción Losada Rodríguez, e o director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.