Presentación do libro "Domingo de Andrade. Continuidad y transformación en un enclave compostelano"

Submitted by xestor on Xov, 26/06/2025 - 08:31
09
Jul
2025
Presentación do libro "Domingo de Andrade. Continuidad y transformación en un enclave compostelano"
Imaxe
Presentacion libro Domingo de Andrade

O mércores, 9 de xullo, ás 19:00 horas, o Museo acolle a presentación do libro, Domingo de Andrade. Continuidad y transformación en un enclave compostelano, de Celestino García Braña, editado polo Consorcio de Santiago. 

O escrito neste libro é o ocorrido en Compostela, entre as prazas da Quintana e Praterías que, cristalizado en longos anos deu lugar a unha entrada catedralicia cun Pórtico Real que, tempos despois, sería desprazado; unha torre-campanario; unha sancristía que logo sería capela do Pilar; e unhas monumentais escaleiras. O libro propón un percorrido por estes acontecementos da man de Celestino García Braña e a colaboración de Adrián Alonso Lorenzo.