O xoves, 26 de marzo, ás 18:30 horas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación de Bestiário, de Ánxel Huete e Vítor Vaqueiro, publicada pola editorial Nêspera.
Trátase dunha selección de figuras míticas galegas descritas por Vítor Vaqueiro, quen nos conta os atributos e fazañas máis salientables, e aporta, moitas das veces, referencias dos seus semellantes noutras culturas como a irlandesa, a catalá ou a vasca. As ilustracións de Ánxel Huete intentan fuxir dunha liña clásica e transitar do icónico ao simbólico. Unha obra ilustrada e bilingüe –galego e inglés–, sobre a mitoloxía galega, adaptable a calquera idade.