O mércores, 15 de abril, ás 19:00h, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do poemario da escritora uruguaia Sandra Rüsch "De Luces y Sombras". Posteriormente, haberá un coloquio a cargo da autora arredor da figura da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou e a súa vinculación con Galicia, como filla dun emigrante galego no Río da Prata. Durante o evento, exporanse obras do artista visual Lázaro Estevez.
Ao acto de presentación asistirán Ramiro Rodriguez Bausero, cónsul de Uruguai en Galicia, Cantabria, País Vasco e Asturias; Concha Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Sandra Rüsch, autora do poemario e María Coutinho, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.