O venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, o Museo do Pobo Galego converterase no escenario de O transgredir das ondas, de Berrobambán, dentro da xornada Celebrando a Begonha Caamanho desde o Barrio de San Pedro.
A peza relata a historia dunha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora.
Con esta obra remata o roteiro literario e emocional polas rúas do barrio, organizado desde a Asociación Cultural do Barrio de San Pedro para manter vivo o legado que nos deixou a nosa veciña, autora e amiga.
A actividade é un chamamento a compartir memoria e celebrar colectivamente unha figura fundamental tanto no tecido asociativo como no literario. "Porque Bego ensinounos a sororidade, a tecer redes de afectos e, sobre todo, a alegría de loitar xuntas polas causas xustas. Festexar a Bego é tamén celebrar o barrio, a comunidade e todo o que seguimos construíndo xuntas".
A entrada é libre até completar capacidade e o espectáculo é para todos os públicos. Duración estimada: 50 minutos.