Performance poética: "Medro, medro e non sei onde parar", de Ismael Ramos

Submitted by xestor on Lun, 31/08/2026 - 09:07
04
Sep
2026
Performance poética: "Medro, medro e non sei onde parar", de Ismael Ramos
Imaxe
Performance poética: "Medro, medro e non sei onde parar", de Ismael Ramos

O claustro do Museo do Pobo Galego acolle o venres, 4 de setembro, a performance poética Medro, medro e non sei onde parar, de Ismael Ramos, no marco do Plataforma. Festival de artes performativas. Trátase dunha proposta que combina poesía, acción pública e memoria política. A peza transforma o espazo urbano nun lugar de encontro entre palabra e reivindicación colectiva. A través de panfletos poéticos, intervención gráfica e un recital performativo arredor do verso de María Mariño, a proposta recupera a forza da poesía como ferramenta de mobilización e resistencia.

O proxecto dialoga coa tradición do activismo cultural galego para preguntarse polo papel da cidadanía nun presente marcado polo desencanto político e o avance do autoritarismo. Unha acción viva e colaborativa que entende a manifestación tamén como manifesto poético.

Plataforma. Festival de artes performativas naceu co obxectivo de enriquecer e destacar a potencia cultural de Santiago de Compostela e toda a súa diversidade, creando experiencias reais de comunicación entre o público e a cidade a través da arte, no que conflúen diferentes propostas atravesadas pola idea da performatividade.

A entrada é de balde e libre até completar a capacidade.