Palestra "Cancioneiros Tradicionais Galegos" e visita guiada polo APOI

Submitted by xestor on Mér, 30/04/2025 - 20:27
07
May
2025
Palestra "Cancioneiros Tradicionais Galegos" e visita guiada polo APOI
Imaxe
Palestra Santamarina

O mércores, 7 de maio, ás 19:30 horas, a Agrupación Cultural O Galo organiza, en colaboración co Museo do Pobo Galego e o Concello de Santiago, unha palestra a cargo de Antón Santamarina sobre os Cancioneiros Tradicionais Galegos.

Un repaso polos textos e os compiladores da poesía oral tradicional, comezando polo labor do Padre Sarmiento, quen xa no século XVIII lles atribuíu un papel determinante ás mulleres tanto na creación das letras como das melodías. Ademais, Santamarina falarnos tamén do traballo de estudosos como os galegos Manuel Rico Verea, Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, o americano Alan Lomax ou a suíza Dorothé Schubarth, coa que traballou o propio Antón Santamarina.

Seguidamente, realizarase unha visita guiada ao APOI, da man de Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e responsable do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. 

A entrada é libre até completar capacidade.