Obradoiros AGANTRO: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III

Submitted by xestor on Mér, 01/10/2025 - 08:11
03
Oct
2025
Obradoiros AGANTRO: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III
Imaxe
Obradoiros AGANTRO: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III

Durante o mes de outubro, o Museo do Pobo Galego acolle os obradoiros AGANTRO: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III, organizados por Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) en colaboración co Museo e a Deputación da Coruña. 
Os catro obradoiros desenvolveranse de maneira presencial cada venres de outubro, de 17:00 a 20:00 horas, no Museo do Pobo e ofrecerán algunhas das múltiples ferramentas e experimentacións etnográficas desenvolvidas pola antropoloxía nos últimos tempos para facer fronte aos novos retos das sociedades actuais, co obxectivo de incitar a experimentar con modalidades de indagación etnográfica novas e para espertar a inventiva necesaria para producir preguntas, ferramentas e dispositivos de investigación etnográfica que estean á altura dos desafíos da nosa contemporaneidade. 

Máis información e inscricións, na web da AGANTRO.