A oficina de socias/os do Museo do Pobo ofrece un obradoiro de construción de pandeiretas coa colaboración do artesán Sanín, que terá lugar no Museo o sábado, 25 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas. As persoas que se inscriban poderán coñecer o proceso de fabricación dunha pandeireta e realizar o seu propio instrumento.
É unha actividade de pago dirixido a patróns, patroas, socias e socios do Museo, cun prezo de 80€ por persoa, que se reduciría a 70€ no canto de superar as 20 prazas cubertas.
As persoas interesadas deberán enviar un correo ao enderezo socios@museodopobo.gal co seu nome, apelidos e número de teléfono até o 21 de outubro.