"O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro tradicional e popular galego".

Submitted by admin on Xov, 18/02/2021 - 09:25
18
Dec
2020
Tipo evento
Evento
"O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro tradicional e popular galego".
Imaxe
Museo

Esta charla - concerto didáctico é froito dun traballo de investigación e discusión do cancioneiro popular galego que Branca Villares desenvolveu co seu alumnado de canto nas aulas. Este traballo centrouse en detectar aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres e que, dalgún xeito, contribúen a perpetuala e normalizala, non censurando senón contextualizando e reformulando o seu uso. Parte do repertorio co que traballa Branca, sobre todo, recollas da montaña luguesa ou as realizadas por Mini e Mero como as de Florencio, o cego dos Vilares, que están despositadas no APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade). Esta actividade ten como fin revisar e repensar os arquivos de tradición oral que se conservan nalgunhas institucións como a nosa, o Museo do Pobo Galego, dende a actualidade e, como non, dende unha perspectiva de xénero. Branca Villares é música e mestra de música tradicional en Lugo e diferentes lugares da provincia (Tradescola, Escolas Municipais de Rábade, Begonte, Outeiro, Escola OXeitO, e outras entidades culturais). Capitanea un proceso colectivo de reflexión, que xa vai polo seu cuarto ano de vida, no que promove a discusión entre as súas alumnas e alumnos nas máis de 15 escolas nas que traballa. Parte da súa investigación foi publicada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega este mesmo ano. Con Branca Villares e Pablo Pintor. Duración aproximada: 2 horas. Prezo: 3 euros (de balde para persoas socias do Museo) É obrigatorio reservar praza no email servizosdeac@museodopobo.gal a través do cal se farán as indicacións para facer o pagamento.