Mostra dos traballos premiados no 21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Submitted by xestor on Ven, 03/07/2026 - 10:25
02
Jul
2026
Tipo evento
Exposición
Mostra dos traballos premiados no 21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
Imaxe
21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Até o 31 de xullo, pode verse no Claustro baixo do Museo do Pobo Galego unha mostra das fotografías gañadoras no 21º Concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Os traballos galardoados nesta edición do certame foron: 1º premio para "Catro en raia", de Thilahun Navarro Martínez, alumno do EIS Vigo; 2º premio para "Lux", de Brais Berjano Rumbo, alumno da EASD Pablo Picasso da Coruña; 3º premio para "Anatomía de un hogar", de Alba Rivas Pérez, alumna da EASD Mestre Mateo de Santiago. Ademais, recibiron accésits os traballos "A gusto", de Emma Arango Blanco, da EASD Mestre Mateo de Santiago e mais "Rincón dorado", de Andrea Díaz López, do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña.

O concurso, organizado pola Asociación de Amigos do Instituto Monelos da Coruña, busca fomentar a fotografía como un xeito de creación entre a xente nova, ademais de promocionar e defender o ensino público galego. O xurado do vixésimo primeiro concurso estivo composto por Xosé Antón Fraga, Patricia Fontanilla, Marcos Sánchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema.