Mesa redonda "Buscando a Santa Compaña"

Submitted by xestor on Lun, 12/08/2024 - 12:16
13
Aug
2024
Mesa redonda "Buscando a Santa Compaña"
Imaxe
Buscando a Santa Compaña

O martes, 13 de agosto, ás 19:00 horas, celebramos no auditorio do Museo unha mesa redonda sobre a Santa Compaña. 

Participarán no coloquio Ana Isabel Filgueiras, antropóloga, arqueóloga municipal de Noia; Calros Solla, etnógrafo, membro fundador do colectivo Capitán Gosende; Miguel Losada, etnógrafo e cofundador da Sociedade Antropolóxica Galega; Ramón Area, psiquiatra no Hospital Psiquiátrico de Conxo; Rubén Aramburu, párroco de Bergondo; e o director do Museo, Manuel Vilar. 

Posteriormente, ás 21:30 horas, pero xa no cemiterio de Bonaval e no marco do Festival C, terá lugar a proxección do documental de Fernando Cortizo Buscando a Santa Compaña.