Inauguración da Exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 20º Premio Luís Ksado

Submitted by xestor on Mér, 30/09/2026 - 12:36
07
Oct
2026
Tipo evento
Exposición
Inauguración da Exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 20º Premio Luís Ksado
Imaxe
Exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 20º Premio Luís Ksado

O mércores, 7 de outubro, ás 18 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego o acto de inauguración da mostra de fotografías gañadoras e finalistas da 20ª edición do Premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña. 
 
Miguel Muñiz acadou nesta edición o primeiro premio coa serie Aventados, un proxecto de cinco anos no que o fotógrafo ourensán retratou dunha maneira poética os efectos do nordés sobre o territorio e as persoas que o habitan.
 
O acto comezará cunha conferencia de Miguel Muñiz e mais a proxección das obras premiadas, para seguidamente facer unha visita á exposición, que poderá visitarse durante o mes de outubro no Museo do Pobo Galego.