Gravación no Museo do programa "La Riproposta" de RNE

Submitted by xestor on Xov, 15/05/2025 - 19:25
16
May
2025
Gravación no Museo do programa "La Riproposta" de RNE
Imaxe
La Riproposta

O venres, 16 de maio, o Museo do Pobo Galego acolle a gravación do programa "La Riproposta" de RNE - Radio Clásica que se emitirá o Día das Letras Galegas.

O espazo, dirixido por Yolanda Criado, terá como fío condutor a poesía popular oral, as cantareiras e os arquivos. 

A gravación realizarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego entre as 12 e as 13 horas. 

A entrada é libre até completar capacidade. A apertura de portas será ás 11:30 horas.