O xoves, 5 de setembro, ás 17:30 horas, acollemos o espectáculo L'oiseau Bleu, unha creación da bailarina cubana Lisvet Barcia, que forma parte da programación do festival HerDanza.
A obra, cunha duración de 12 minutos, explora a metamorfose dun tipo de dor no seu estado máis profundo de soidade e retrata como, no illamento, a mente humana pode crear seres e paisaxes irreais e utilizalos como mecanismo de supervivencia para transformar a dor nunha experiencia que redefine completamente a existencia, a propia e a maneira como esta é percibida por persoas alleas.
Organizado por Can Cun Quinqué, o festival HerDanza conta co apoio do Concello de Santiago e de entidades como o Museo do Pobo Galego, o CGAC ou o Instituto Francés.
Máis información sobre o espectáculo, na web do festival.