Exposición "MASKS. Alas y Viento. Nacho Rovira II"

Submitted by xestor on Ven, 30/01/2026 - 10:14
29
Jan
2026
Tipo evento
Exposición
Exposición "MASKS. Alas y Viento. Nacho Rovira II"
Imaxe
Exposición "MASKS. Alas y viento. Nacho Rovira II"

Do 29 de xaneiro ao 26 de abril de 2026, poderá verse no claustro alto do Museo do Pobo Galego a exposición MASKS. Alas y Viento. Nacho Rovira II. O Museo acolle esta nova etapa do proxecto europeo MASKS, unha proposta interdisciplinar impulsada pola Universidade de Valladolid a través da Cátedra de Estudos sobre a Tradición coordinada pola profesora Pilar Panero. Unha mostra que convida o público a descubrir e redescubrir as máscaras e o seu valor simbólico, artístico e social a través de pezas únicas ligadas a ritos e procesos artesanais.

Esta exposición presenta unha selección da colección Alas y Viento, do coleccionista e viaxeiro Nacho Rovira, con 54 máscaras procedentes de Romanía, Italia, Portugal, España e Andorra, en diálogo cunha ducia de pezas galegas das nosa colección, creando unha ponte entre o patrimonio global e as nosas tradicións de Entroido.

As máscaras aquí reunidas representan a celebración, o rito e a memoria; e recordan que, na nosa era tecnolóxica, o seu poder simbólico aínda fortalece a identidade dos grupos humanos que as crean. No Entroido galego, as máscaras, as brincadeiras, os excesos e as sátiras verbais seguen a ser fundamentais para a ruptura temporal da orde cultural dominante, mantendo viva unha tradición que se reinventa día a día.

Pode accederse ao catálogo da exposición a través do QR ou desta ligazón.

QR quickchart