Exposición das fotografías gañadoras e finalistas do XIX Premio Luís Ksado

Submitted by xestor on Mar, 16/09/2025 - 11:41
01
Oct
2025
Tipo evento
Exposición
Exposición das fotografías gañadoras e finalistas do XIX Premio Luís Ksado
Imaxe
XIX Premio Luís Ksado

Dende o 1 de outubro até o 2 de novembro poderá verse no Museo do Pobo Galego a exposición das fotografías gañadoras e finalistas do XIX Premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. 

Forman parte da exposición a obra I gotta change, de Juan Manuel de la Quintana, gañador da presente edición do certame, cuxa serie foi escollida polo xurado do premio por abordar con especial sensibilidade e rigor a cuestión da saúde mental; L'horta sud, de Óscar Corral, mención de honra; e as series finalistas Metamorfosis, As leccións esquecidas, Sitio aparte do mundo e Entre el tiempo y el sabor, el mar, una memoria visual, dos fotógrafos Carlos Folgoso, Raquel López, Stéphane Lutier e Miguel Muñiz, respectivamente.