01
Apr
2026
Tipo evento
Exposición
Exposición "Cen anos percorrendo Galicia da man de Otero Pedrayo"
Imaxe
No marco da programación do Abril Oteriano, desde o 1 até o 30 deste mes poderá verse no Museo do Pobo Galego esta mostra que recompila diversas edicións da Guía de Galicia, unha obra destinada a acompañar o lector nunha viaxe pola xeografía, a paisaxe, a historia e a cultura do país.
Cen anos despois da súa publicación en 1926, e cando se conmemora ademais o cincuenta aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, esta publicación continúa a ser unha referencia imprescindible para comprender Galicia a través da mirada dun dos seus grandes intelectuais.