Conferencia: "Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso"

Submitted by xestor on Xov, 27/03/2025 - 20:42
02
Apr
2025
Conferencia: "Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso"
Imaxe
Dia das Artes

O mércores 2, ás 19:00 horas, celebrarase no auditorio do Museo a conferencia Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso, impartida polo investigador e escritor Xosé Ramón Fandiño, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Estreito colaborador de Díaz Pardo, Fandiño é editor de O Ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009) (Andavira Editora, 2018), unha recompilación de 514 artigos periodísticos escritos polo intelectual e publicados en diferentes diarios, fundamentalmente galegos; e autor de Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso (Concello de Santiago, 2020).

A charla forma parte da programación desenvolvida polo Museo do Pobo Galego ao redor do Día das Artes Galegas, en lembranza do intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, membro fundador e presidente do Padroado desta institución desde o ano 2000 até o 2011.

Consulta aquí o programa completo.