Coloquio Galego de Museos Locais: O futuro dos museos e coleccións visitables en comunidades en cambio constante

Submitted by xestor on Xov, 30/10/2025 - 10:20
14
Nov
2025
Coloquio Galego de Museos Locais: O futuro dos museos e coleccións visitables en comunidades en cambio constante
Imaxe
Coloquio Galego de Museos Locais

Os días 14 e 15 de novembro, o Museo do Pobo Galego acolle o Coloquio Galego de Museos Locais: O futuro dos museos e coleccións visitables en comunidades en cambio constante.

O Museo do Pobo Galego creou hai vinte anos o Instituto de Estudos das Identidades (IEI), departamento dedicado á recollida, análise e espallamento de materiais da nosa cultura e tradición. E con motivo deste aniversario, acordou organizar, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o Consello Galego de Museos, un encontro sobre museoloxía titulado O futuro dos museos e coleccións visitables en comunidades en cambio constante, centrado nos moitos museos, coleccións e espazos museísticos locais espallados por toda Galicia. O noso propósito é proporcionar un lugar e tempo de encontro entre persoas vinculadas a entidades destas características nos que poidan manifestar a súa situación, problemática e perspectivas de futuro, poñendo en común as posibles sinerxías.
 
As xornadas comprenderán tres tipos de actividades: relatorios, mesas redondas con participación de representantes de museos locais e tamén unha presentación de actividades do IEI, especialmente o labor do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), que consideramos de interese particular para as entidades convocadas. Despois de cada sesión haberá tempo para o debate e, finalmente, elaboraranse unhas conclusións xerais que serán dadas a coñecer publicamente.

A entrada será libre até completar capacidade.


PROGRAMA


VENRES, 14 DE NOVEMBRO

9:30-10:00 Recepción de participantes 

10:00 Acto inaugural

10:30-11:00 Relatorio: Alicerces, disparidades e utopías dos museos locais. Fátima Braña

11:00-11:30 Rolda de presentación. Momento de encontro entre todas as persoas participantes.

11:30- 12:00 Descanso

12:00-13:30 Debate: Coleccións e representacións. Modera: Aurelia Balseiro (Museo Provincial de Lugo)

      Museo da Terra de Melide 
      Museo Casa do Patrón – Doade (Lalín)
      Museo do Mar da Guarda
      Palloza Museo Casa do Sesto (Piornedo) 

13:30-16:00 Descanso para xantar por libre

16:00-16:30 Relatorio: Os museus de Antropologia na “Gallaecia” (Euroregião Norte de Portugal-Galiza). Xerardo Pereiro

16:30-18:00 Debate: Xestión de museos, retos para o futuro, boas prácticas. Modera: Xosé Manuel González Reboredo (Museo do Pobo Galego)

      Museo da Limia (Vilar de Santos) 
      Museo das Mariñas (Betanzos)
      MUVICLA Trasliste (Láncara)
      GALP / REMA: Rede de Espazos Museísticos Atlánticos 

18:00-18:30 Presentación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.



SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO

10:00-10:30 Relatorio: Museos locais: unha mirada posible e unha reflexión necesaria. Xosé Carlos Sierra.

10:30-12:00 Debate: Educación e difusión, os museos para quen. Modera: Celina Pinto (Museu da Terra de Miranda)

     Museo da Fonsagrada 
     Museo da Capela (As Neves)
     Museo Liste (Vigo)
     Museo da Escola e a Infancia (A Pobra de Trives)

12:00-12:30 Descanso

12:30-13:15 Actividade participativa: debate en pequenos grupos sobre as posibles conclusións da xornada.

13:15-14:00 Conclusións.

14:00 Acto de clausura


Máis información: info@museodopobo.gal

Descarga aquí o programa do Coloquio Galego de Museos Locais