Centenario da redención dos foros

Submitted by xestor on Xov, 25/06/2026 - 06:53
25
Jun
2026
Centenario da redención dos foros
Imaxe
Redención foros

Desde os seus inicios o movemento agrarista galego abandeirou a loita contra os foros. A comezos de século destacaron nesta loita organizacións como a Solidaridad Gallega (1907-1912), Acción Gallega (1909-1914) ou o Directorio de Teis, para alén de numerosas “sociedades de agricultores” confederadas. Figuras como o médico Xosé Rodríguez ou o escritor Manuel Lugrís Freire, para o caso da Solidaridad Gallega, ou o crego Basilio Álvarez (o abade de Beiro), no caso de Acción Gallega tiveron grande introdución entre o campesiñado galego neste loita.

Cos anos e dada a presión do movemento agrarista e a necesidade de modernización do agro, o 12 de marzo de 1924 o goberno ditatorial (o “Directorio”) de Miguel Primo de Rivera convocou para o mes de abril unha asemblea rexional, a se desenvolver en Santiago de Compostela, de “técnicos, perceptores de foros y pagadores de foros con el fin de estudiar y proponer una fórmula eficaz y justa para redimir dichas rentas y las a ellas análogas existentes en Galicia”.

O 25 de xuño de 1926 ficaba aprobado, en Consello de Ministros, o Decreto-Lei que redimía os foros e que se publicaba na “Gaceta de Madrid” ao día seguinte, declarándose redimibles "todos los foros, subforos frumentarios, rentas en saco, sisas, derechuras, cédulas de planturia y cualesquiera otros gravámenes de análoga naturaleza jurídica sobre bienes inmuebles en las provincias de Galicia, Asturias y León". Ao pouco publicábase o regulamento para a aplicación do Decreto-Lei nos Boletíns Oficiais de ámbito provincial, nomeadamente o 2 de setembro de 1926. Con todo, o problema da terra en Galicia seguiría a ser unha constante...