Acto de entrega do Premio Pedra do Destino ao Museo do Pobo Galego

Submitted by xestor on Mar, 21/10/2025 - 08:38
29
Oct
2025
Acto de entrega do Premio Pedra do Destino ao Museo do Pobo Galego
Imaxe
Premio Pedra do Destino

O mércores, 29 de outubro, coincidindo co 48º aniversario do Museo do Pobo Galego, terá lugar o acto público de recepción do Premio Pedra do Destino outorgado pola asociación Amigos dos Museos de Galicia.

O galardón, que outorga anualmente a asociación para agradecer e premiar a aquelas persoas ou agrupacións os esforzos por normalizar, conservar, difundir ou facilitar o estudo do patrimonio cultural de Galicia e que este ano recaeu no Museo do Pobo Galego, consiste nun gran cartel de cego orixinal, datado dos primeiros anos do século XX. Un recoñecemento ao labor desta casa co que o colectivo quere "distinguir e agasallar a esta institución polo seu traballo e misión exemplar en canto significa a recolleita de materiais da tradición popular, polo seu estudo, conservación e divulgación por todas as canles posibles e normas museolóxicas".

O acto será público e celebrarase no Auditorio do Museo ás 18:30 horas, logo da visita guiada dunha representación de socias e socios de Amigos dos Museos polas instalacións do edificio de San Domingos de Bonaval.