A muiñeira nova

A muiñeira nova

A muiñeira nova é considerada como a danza máis representativa de Galicia pero tamén é un xénero de canto popular que aparece ligado a diferentes ámbitos: o muíño, cantos de labor executados ritmicamente... e mesmo cantos de berce.

Dorothé Schubart destaca que a muiñeira nova é o único xénero onde non domina nin a métrica nin a cantidade de sílabas senón o acento e sinala dous antecedentes deste xénero no canto popular: a) os cantos arcaicos recollidos no Leste de Lugo e b) a muiñeira vella e a molineira dos Ancares e o Courel.

A posible procedencia culta está condicionada, xa que logo, ao feito de que hai documentadas, nas recolleitas realizadas, pandeiradas ou muiñeiras vellas con versos transformados en muiñeiras novas tanto na creación lírica como na súa estrutura melódica.

Na muiñeira nova hai coincidencia de acento e pulso e carece de importancia o número de sílabas dos versos da estrofa que oscila entre oito e doce . Este pulso básico, dividido en tres partes, pódese partir ritmicamente en grupos de negra mais corchea ou en tres corcheas resultando versos de catro pulsos básicos.

A muiñeira nova, ten un carácter máis instrumental  mentres que a pandeirada, denominada tamén muiñeira vella,  é un xénero normalmente destinado para ser cantado. 

Cómpre indicar que as muiñeiras instrumentais, precedidas dun preludio, conforman un amplo capítulo e reciben diferentes denominacións a través da xeografía galega: a carballesa, a chouteira, a redonda, a ribeirana, etc.

Archivo MIDI Archivo MUS Archivo pdf Archivo Mp3

Unha vella tiña un can

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Aló arriba naquela montaña

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Aló arriba naquela peneda

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Baila, nena, baila, nena

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Berducido, Berducido

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Sete cuncas de papas de millo

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Este é o tempo de tróupele, trópele

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

E pousa, pousa, pousa - Refrán

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Fun á taberna do meu compadre

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Murmuraban as miñas veciñas

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio