Os cantos de pandeiro

Os cantos de pandeiro

 O corpus de melodías vellas, agrupadas nas últimas investigacións como grupo de melodías sen función determinada, son as máis frecuentes e abondosas. Úsanse para cantar composicións líricas do cancioneiro tradicional interpretadas como pandeiradas.

Tamén se utilizan para interpretar cantos narrativos, cantos de Nadal, cantos de Reis, cantos de berce, regueifas, desafíos, etcétera, modificando o tempo, o ambiente e o espazo no que se canta e cómo se canta.

A pandeirada, denominada tamén muiñeira vella ou canto de pandeiro,  ten unha gran liberdade melódica que explica a súa variedade na estrutura formal. 

O ritmo e o metro son os elementos esenciais para definila dada a súa gran variedade formal e melódica.

A pandeirada, de metro binario e execución rápida, non ten compás fixo. Consta dunha pulsación rítmica indiferenciada que se divide en tres partes no ritmo da pandeireta ou do pandeiro e en dúas na execución melódica do canto.  

O esquema melódico da pandeirada é de catro versos que se pode reducir a tres ou a dous repetidos para os tres ou catro versos octosílabos da estrofa.

Para unha análise das diferentes series rítmicas e estruturas da pandeirada podemos consultar o Tomo I do Cancioneiro popular galego de Schubart / Santamarina ou o Cancioneiro popular das Terras do Tamarela de M. Rico.

Nalgúns casos atopamos pandeiradas con refrán pertencente ao xénero de muiñeira nova e incluso cantares con superposición dos dous xéneros musicais. 

Archivo MIDI Archivo MUS Archivo pdf Archivo Mp3

Paxaro que vas voando

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Ó muiño do meu pai. Rabeaches pola peneira - Refrán

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

A raíz do toxo verde. Encomecémo-la pandeirada - Refrán

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Manuel, Manueliño

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

A subila e a baixala

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Prende, salgueiriño, prende

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Ó pasa-la ponte Castro

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Micaela vai á fonte

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Heicho de dar que o teño

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Costureiriña bonita

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio