Os cantos de labor
Os cantos de labor
Os cantos de labor son aqueles que están asociados a un traballo concreto. Normalmente estas composicións líricas indican o tipo de traballo que se executa aínda que ás veces non aparece de forma clara.
Os cantos de labor subdivídense en dous grupos ben diferenciados:
- Cantos de labor que se cantan durante a realización dun traballo sen que o pulso do esquema melódico se relacione cos movementos rítmicos do traballo.
- Estamos ante un segundo capítulo de cantos de ritmo libre, interpretados a capela, de forma pausada, con uso de frecuentes melismas e con liberdade recreadora na súa realización definitiva.
- Cantos de labor que se interpretan acompañados polo ritmo do traballo que se está realizando.
- Son cantos silábicos cun pulso básico coincidente cos movementos rítmicos do corpo e, en xeral, neste grupo, a temática da letra tamén está relacionada co traballo que se está realizando.
Na actualidade, por razóns socias, económicas... e culturais, xa é difícil poder escoitar un cantor ou cantora executando cantos de labor –cantos de arada, cantos de arrieiro, cantos de seitura ou cantos de arrigar, cantos de mallar, cantos de ripar o liño, de mazar, de espadelar, cantos de bater o leite, etc.
Estes cantos de labor, fixados por diferentes colectores, conforman unha parte moi importante do corpus lírico musical de Galicia.
| Archivo MIDI | Archivo MUS | Archivo pdf | Archivo Mp3 | |
|---|---|---|---|---|
Barqueiros de Ribadavia |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Aí vén o barco do mar |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Tirulará Pepiño |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Teño de ir e vir ó Marco |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Ai, Carmiña, Carme - Refrán |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Tascadora do meu liño |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
O ferreiro vai fóra |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Fía, miña roca, fía |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Unha noite me colleron |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|
|
Hei de ir ás segas a Lugo |
MIDI | MUS |
Arquivo de audio
|