A xota

A xota

A pandeirada e a xota  teñen un carácter arcaico e para a súa interpretación, o cantor ou cantora tradicional, utilizaban os esquemas melódicos do corpus de melodías clasificadas como “melodías sen función determinada”. 

Estes esquemas melódicos, que tamén se recreaban no momento da execución do cantar, compleméntanse co esquema rítmico desexado orixinando así o xénero musical xota ou pandeirada.

A pandeirada, ou muiñeira vella, e a xota  son os bailes máis frecuentes nos lugares onde mellor se conservou a música tradicional. Tamén son os xéneros máis utilizados no canto tradicional.

A xota, de metro ternario, execútase de forma pausada e melódica en contraposición á pandeirada, de metro binario e execución máis rápida. Tamén é máis variada por constar de dúas partes diferenciadas: punto e volta. 

O punto consta de dous ou catro versos musicais, sometido ao compás de 3/8, para interpretar a composición lírica, en forma de cantiga, de catro versos octosílabos. 

A volta  ou refrán tamén consta de dous ou catro versos  musicais para interpretar os versos de seis sílabas. Hai xotas que se recolleron sen volta e mesmo aparecen voltas encadeadas que servían  para punto de xota sen identificar.

Cando se interpreta a xota con instrumento rítmico, normalmente a pandeireta, esta indica o cambio do punto á volta para o baile. 

Archivo MIDI Archivo MUS Archivo pdf Archivo Mp3

Punto: Non sei que ten a morena. Volta: E viro e viro

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Andivécheste alabando. Volta: Aló vén o gaiteiro

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Pasei pola túa porta. Volta: Apaga o candil

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Agora que foi e foi. Volta: Aí vai Manuel

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Carmiña, Carmiña, Carme. Volta: Carmiña, Carmela

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Eu ben cho dixen, rapaza. Volta: Ai, Maruxiña

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Se quére-la boa moza. Volta: Aí che vai, Maruxiña

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

Punto: Rapaza se vas arar. Volta: Anda, Maruxiña

MIDI MUS PDF
Arquivo de audio

O raposo está chorando

PDF