A 17 MICE estrea dúas pezas curtas de Xisela Franco sobre a cultura mariñeira da Guarda

Enviado por xestor el Mar, 15/03/2022 - 14:45
23
Mar
2022
Tipo evento
Evento
A 17 MICE estrea dúas pezas curtas de Xisela Franco sobre a cultura mariñeira da Guarda
Imaxe
mar _ xisela franco

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico arranca as súas actividades paralelas coa estrea de dúas pezas da cineasta Xisela Franco sobre a cultura mariñeira da vila de A Guarda. Trátase de dúas creacións desenvoltas polo proxecto Atlantic Culture Scape A Guarda, que visibilizan o patrimonio inmaterial da vila, onde a súa xente, o mar e a cultura mariñeira son os elementos vertebradores. Desta forma, as dúas pezas audiovisuais aproxímanse ao mundo do mar desde a etnografía experimental. Unha visión entre o documental e a poesía que nos achega ao mundo mariñeiro da Guarda e as súa xente.


Á xornada asistirán as creadoras do documental e as persoas protagonistas: a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e a de Embarcacións Tradicionais O Piueiro, que pecharán a xornada cun faladoiro.   Esta xornada está enmarcada dentro das actividades paralelas que ofrece A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), do Museo do Pobo.

Será o vindeiro mércores, 23 de marzo, ás 18:30 no Museo do Pobo Galego, totalmente de balde, ata completar aforo.