Do 28 de marzo ao 2 de abril celebrarase a 17MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, cun cartel inspirado no traballo, tema que centrará todos os aspectos desta edición. A imaxe gráfica está feita a partir dunha fotografía dunha cheminea industrial, un elemento que remite aos procesos fabriles da modernidade e, á vez, a un modelo que se reprega fronte á forte tecnoloxización e dixitalización. Unha cheminea rehabilitada e protexida cunha estrutura de aceiro conserva os recordos do que foi Regojo, o grupo empresarial con sede en Redondela que empregou desde finais dos anos 5o do século pasado e ata a década dos 70 a máis de 1.500 persoas.
A fotografía foi realizada pola xornalista silledense Mónica Ares e o deseño gráfico é de SacauntosAbre en nova pestana.
O festival conta co apoio do Museo do Pobo Galego, o Concello de SantiagoAbre en nova pestana, a Deputación da CoruñaAbre en nova pestana e AGADICAbre en nova pestana.
Máis información sobre a historia desta fotografía aquíAbre en nova pestana.