Visita a Terras de Mesía

Tipo nova
Socias e socios
Visita a Terras de Mesía
Imaxe
""

O pasado sábado 17 de outubro, a Oficina de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego organizou una xeira por Terras de Mesía, na que visitamos parte do patrimonio natural e histórico da Galicia interior.

 

Comezou a ruta ás 11:30 h na Casa Grande de Xanceda cunha Ruta Vermú, unha visita guiada por esta granxa ecolóxica, a máis antiga nesta modalidade en Galicia. Foron dúas horas de percorrido polo Espazo Natural Protexido da granxa, as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro. Durante a visita houbo paradas para degustar produtos ecolóxicos.

 

 

 

Despois visitamos  o monólito de "homenaxe aos tres Manueis", denominación popular coa que se coñecen a Manuel Rodríguez, Manuel Díaz e Manuel Ponte, tres guerrilleiros antifranquistas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, asasinados nunha emboscada da Garda Civil en 1947 en Abellá.

 

 

 

Pola tarde desprazámonos a Sobrado dos Monxes para visitar o Mosteiro de Santa María de Sobrado, un dos grandes conxuntos monásticos de Galicia, fundado na Idade Media e estreitamente ligado á Orde do Císter.

 

 

Pechamos a xornada vendo o campamento romano da Ciadella, un enclave arqueolóxico vinculado á presenza da Cohors I Celtiberorum entre os séculos II e IV.