Presentación do número extra da revista "reNOVA GALIza"

Enviado por xestor el Mié, 17/12/2025 - 12:20
19
Dec
2025
Presentación do número extra da revista "reNOVA GALIza"
Imaxe
Presentación do número extra da revista "reNOVA GALIza"

O venres, 19 de decembro, ás 19.00 horas, o Foro Cívico Galego de Barcelona presenta o número extra (5, 6 e 7) da revista reNOVA GALIza no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Esta publicación, editada en código bilingüe galego-catalán, ten como obxectivo servir de ponte comunicativa entre a nación galega e a catalá, informando sobre cuestións sociopolíticas e culturais actuais. O volume, de 366 páxinas a toda cor, estrutúrase en dous grandes dossieres temáticos e un caderno conmemorativo:

  • Dossier Galego: “Alerta! 869.000 diaspóricos/as”, coordinado por Antón F. Escuredo, que inclúe unha ollada profunda á emigración e un álbum fotográfico histórico.
  • Dossier Catalán: “Progrés i Procés. Envers una Catalunya sobirana del benestar”, coordinado por Silvio Falcón e Uxío Meis.
  • Caderno central: “25 aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, só un cuarto de século”.

O acto contará coa intervención de Antón F. Escuredo (xornalista e coordinador do dossier galego), Uxío Meis (politólogo e coordinador do dossier catalán) e Camilo F. Valdehorras (director de reNOVA GALIza), xunto con outras persoas colaboradoras da revista.