Guía de pictogramas - Sala do Mar

Enviado por xestor el Mar, 28/10/2025 - 15:08
23
Oct
2025
Guía de pictogramas - Sala do Mar
Imaxe
Guía de pictogramas da sala do mar

Xa está dispoñible para consulta en liña a Guía con pictogramas da Sala do Mar; un novo recurso de mediación cultural que ten como finalidade favorecer que as persoas con diferentes capacidades cognitivas, sensoriais ou lingüísticas que visiten este espazo poidan gozar da experiencia de maneira autónoma, favorecendo así a igualdade de acceso á cultura para todas e todos. 

A ferramenta é parte do programa de inclusión que desenvolve o Departamento de Educación e Acción Cultural. Unha proposta sostida no tempo que promove o acceso ao patrimonio que o Museo alberga desde a diversidade, a participación e a coeducación, con accións que engadan valor ao patrimonio común, en liña tamén coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente os relativos a garantir unha educación de calidade, a redución das desigualdades e a consecución de cidades e comunidades sostibles.

No seu desenvolvemento participaron conxuntamente o DEAC do Museo, ASPANAES e o divulgador Xosé Valtierra; e a guía contou ademáis coa colaboración de Fundación Down Compostela e a Asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela (Sarela). Tamén, co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.