XEIRA POLAS FORTALEZAS DA RAIA HÚMIDA
O pasado sábado 28 de xuño, a Oficina de Socias e Socios do MPG organizou unha visita guiada a unha parte das fortalezas da raia húmida, co fin de coñecer o patrimonio cultural.
A nosa primeira parada foi na Guarda, onde visitamos o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz e o Centro de Interpretación das Fortalezas da Fronteira, subindo despois ao Monte Tegra, dende onde apreciamos a paisaxe de fronteira.
A seguinte parada foi no Forte San Lorenzo en Goián, Tomiño.
Despois cruzamos o Miño e subimos ao mirador de Cerveira para explicar os conxuntos defensivos de Vila Nova de Cerveira-Goián.
Xa pola tarde, despois de ter xantado no restaurante Dom Júlio, e camiño de Tui, visitamos unha fortaleza en terra da Guerra de Independencia de Portugal.
Rematamos a xornada en Salvaterra de Miño, visitando o castelo medieval (actual Museo da Ciencia do Viño) e as murallas do século XVII.
Acompañounos na visita o arqueólogo, e representante de socias e socios do Museo, Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez.
