Cantigas que fan referencia a cantar, bailar, comer e beber.
Cantigas que fan referencia a cantar, bailar, comer e beber.
Presentamos nos anteriores capítulos os alalás, os cantos de labor, os cantos de pandeiro ou pandeiradas, as muiñeiras e as xotas, xéneros fundamentais do canto popular galego. Tamén lle dedicamos un capítulo ás foliadas que se caracterizan por ser coreográficas, de aire festivo e utilizar acompañamento rítmico e melódico.
Deixamos fóra desta escolma outros xéneros menores, entre eles o cancioneiro infantil, que merece un tratamento específico, os cantos ligados a ciclos festivos como o Nadal, os Reis, o Entroido, os Maios, os cantos narrativos e outros moitos cantares.
Mais aínda nos queda un grupo heteroxéneo de cantigas e melodías fixas asociadas a unha función determinada e a un ambiente concreto que incluímos e subdividimos en dous grupos:
- Cancións que fan referencia a cantar, bailar, comer e beber.
- Cancións que expresan diferentes manifestacións sobre o amor e as súas circunstancias: os piropos, os encontros amorosos, os requirimentos, as queixas, etc.
Neste apartado incluímos o primeiro grupo destas cancións asociadas ó ambiente concreto de certos actos festivos e que seguen cumprindo a súa funcións de nexo común entre xeracións en calquera festa ou reunión de amigos e amigas.