O xoves 24 e o venres 25 de outubro acollemos o primeiro Congreso de Economía Social e Solidaria en Galicia, impulsado por REAS Galicia e financiado pola Rede Eusumo.
Recoñecer a Economía Social e Solidaria é o fío condutor desta cita que procura ser un espazo de encontro entre diferentes axentes, entidades, colectivos, movementos sociais e persoas vinculadas e con interese en coñecer, debater e reflexionar sobre a Economía Social e Solidaria na nosa comunidade. Entre outras cuestións, analizaranse as posibilidades da ESS de cara a avanzar nun desenvolvemento sostible e responsable que pon a vida no centro, a xeración colectiva de alternativas e novas propostas de futuro en clave de ESS en sectores como agroalimentación, alimentación sostible, industrias culturais, transición enerxética, vivenda ou coidados.
Pode consultarse o programa completo aquí.